O fotomatón de tráfico
Tedes que ver o video este do radar de tráfico nunha estrada na entrada de Barcelona, non deixa de chispear co flash e sacar fotos, case parece unha discotéca.
Ao parecer o radar estaba estropeado e en vez de configuralo para que saltase a 92.0 km/h puxerono a 9.2 km/h., pero ainda así din que pega chispazos con un alta frecuencia. Algunhas reflexións sobre este video son:
- Parece que estrada esta é segura e porque vaias a 100 km/h non hai problema, en vez de situar este radar en estradas secundarias con risco (por exemplo en A Estrada en Liñares) , o cal me leva a pensar que é unha media recaudatoria máis do estado.
- Ao mellor a próxima campaña da DGT é: “No podemos conducir por ti, estamos contando el dinero.”