AVISO: Facultade Virtual non furrula
Acabo recibir este mail dende a Vicerreitoria de Calidade e Harmonización Europea
Poñemos no seu coñecemento que debido a problemas técnicos graves, o servizo de Facultade Virtual da UDC non estará dispoñible ata o mércores día 09 de xaneiro. A gravidade da avaría superou todas as medidas de redundancia establecidas. Dende o SIC estase a facer todo o posible para reestablecer o sistema canto antes. Este problema non é, en ningún caso, atribuible ao traballo desenvolto polo Servizo de Informática e Comunicacions.
A orixe da avaría está relacionada cos fallos de corriente eléctrica que se teñen producido no edificio de investigación neste derradeiro mes. Sentimos as molestias que isto poda ocasionar.
Vicerreitoría de Calidade e Harmonización Europea Servizo de Informática e Comunicacións
Tras recibir este correo, estou reflexionando sobre a calidade pésimo que ten a Facultade Virtual (FV)porque non deixan ese xestor penoso, inacesibel, anticuado, que dá mais fallos de alegrías, tiñan que tomar exemplo dalgunhas asignaturas da miña facultade que se montaron un moodle e vai moito mellor, podes velo na seguinte web: http://www.madsgroup.org/docencia/ aparte creo recordar que a FV está en asp e moodle en php isto vai en contra dun dos principios de querer potenciar o software libre xa dado que asp é de pago $$$.
Sobre o asunto de que o problema ten que ver cos fallos de corrente, cales serían a saber. Pero non teñen SAI’s , en que CPD non os hai?