Os aforros e a matrícula
Pois este ano a econonía dos universitarios (Polo menos a miña) vese resentida por varios motivos:
Este goberno da Xunta de Galiza que consideraba progresista, aumentou as taxas de matriculación por riba do ipc real galego. Ademáis graba as segundas matriculas e así ata as cuartas e sucesivas, antes so tiñan un valor engadido as terceiras matrículas e sucesivas. Eu non sei como lle afectarán aos demáis pero polo que eu coñezo na enxeñerías informáticas de A Coruña é moi normal aprobar asignaturas en 3ª ou 4ª convocatoria. Claramente esta medida é recaudatoria porque o primeiro ano vas a clase porque é necesario pero os sucesivos vas menos a clase e titorias porque xa tes a asignatura preparada dos outros anos, e so tes que esperar ou a sorte ou estrugar máis os apuntes ata que os teñas sabido de memoria folla por folla e ainda así non é garantes o aprobado.
Sobre a medida esta de suber as taxas de matriculación ata creo que é contradictoria, porque os Sr. Touriño cando lle fixeron a pregunta os de CQC pola subida do seu soldo e de cobrar o seu soldo despois de que deixara de ser presidente dixo: “Eu quero que Galicia sexa un pais de primeira” pois eu tamen quero que sexa un pais de primeira ou é que non se da conta de que encarecendo o prezo das taxas está hipotecando os futuros enxeñeiros galegos e con elo que non teñamos máis rápido o I+D+I galego, ademáis agora do tema do crédito universitario que vin hoxe no Santander de damosche os cartos pagalos cando remates a carreira, pois vai ser que non vou a traballar en Galiza porque cunha merda de soldiño non chega para pagar a letra do credito, aforrar para ter unha vivenda no día de mañan e mercar cousas para poder comer. O cal temos que ao final o noso futuro I+D+I galego terá que emigrar por ser maltratado pola administración.
Outras cousas que tamen influen na economía dun universitario que analizarei máis adiante son as seguintes:
- O leite e os seus derivados
- O tren e os autobuses
- O aluger do piso
- As copias dos apuntes e os papeis
- As clásicas subidas de todo por consecuencia da subida do petroleo
- Hai máis xa contarei.