Concurso de fototalentos
Pois o Banco Santander organiza o concurso de fotografía Foto Talentos 2008. O prazo para entregar as obras é do 15 de xaneiro ao 29 de febreiro de 2008.
Un resumo das bases é o seguinte:
- Poden participar os estudantes e profesores universitarios, con independencia da súa nacionalidade, que residan nalgún dos países da rede Universia, menores de corenta anos ao 31 de decembro de 2008.
- Temáticas:
- Sostenibilidad
- Educación
- Convivencia
- Cada concursante poderá presentar un máximo de dúas fotografías por categoría, é dicir, un máximo total de 6 obras e, dentro de cada categoría, terá completa liberdade de tema e tendencias estéticas.
- Bases completas e máis información en : http://www.fototalentos.com/