"Man Ray. Despreocupado mais non indiferente" na Coruña
Na Fundación Caixa Galicia, presentanse unha exposición de Man Ray co título Despreocupado mais non indiferente. Poderase visitar do 19 de outubro e que poderemos ver até o 6 de xaneiro.
Esta exposición permitirá achegarse ao legado de Man Ray, a través do cal iremos descubrindo a súa evolución artística plasmada en bosquexos, obras acabadas e numerosos obxectos persoais. Así mesmo, a mostra desvela procesos creativos que o propio Ray empregara nos seus traballos, coma o emprego de material fotográfico como referencia para as súas pinturas e obra gráfica, ademais dos obxectos e imaxes nos que se inspirou ao longo da súa carreira.
Man Ray. Despreocupado mais non indiferente presenta numerosas obras de cada período vital do artista amais dunha escolma de obras descoñecidas ata o de agora: placas fotográficas procedentes de Les Mains Libres de 1936 e 1937; fotografías documentais dos anos vinte; un documento do Grand Verre (Gran vidro) de Duchamp; contactos coas marcas de corte; Polaroids en branco e negro da década dos sesenta; transparencias a cor e encadradas; e unha obra en colaboración entre Man Ray e Max Ernst que consta de catro frottages.