Perdes a partida de xadrez por non dar a man
O búlgaro Ivan Cheparinov perdeu a súa partida do prestixioso torneo Corus contra o inglés Nigel Short por negarse a estreitar a man do seu adversario, un castigo sen precedentes no xadrez maxistral. O torneo, que se disputa na cidade holandesa de Wijk aa Zee, rexistrou esta insólita decisión do árbitro, que xustificou a sanción nunha recente normativa da FIDE.
O inglés, que xogaba con brancas, tomou asento fronte ao taboleiro e realizou o seu primeiro movemento, 1.e4, e abandonou a escena. Uns minutos despois, Cheparinov achegouse á mesa e contestou con 1.c5. Cando Short regresou e ofreceulle a man para levar a cabo o tradicional saúdo previo ás partidas, o búlgaro mantivo a súa cabeza inclinada sobre o taboleiro. Short, segundo relata o comentarista do torneo, tomou asento e esperou a que o seu rival levantase a cabeza. Cando o fixo, volveu ofrecerlle a man, pero Cheparinov rexeitouna.
Posiblemente sexa a partida máis corta da historia do xadrez: 1. e4 c5. 1-0.
Ao meu xuízo o árbitro neste caso equivocouse. Certo é que Cheparinov é o que se nega a saudar ao principio, ao principio, cando o árbitro debe intervir, ou o contrario debe solicitar a súa intervención antes, non unha vez iniciada a partida, como fai Short. Tamén pareceme excesiva a sanción de da perda da partida, hai sancións menos drásticas como o tempo ou perdida parcial da puntuación, ademáis eu creo que a decisión correcta do árbitro sería que pospuxese a súa decisión ata o final da partida e que transcorrera con normalidade e mentras que meditara sobre a situacion.
Finalmente parece que o Comité de Apelacións (Kramnik, Krasenkow, Polgar) ditaminou que Cheparinov debe ofrecer unhas desculpas públicas a Short e a partida ha de retomarse mañá luns ás 13.30h. En adiánteo, se volvese ocorrer, o xogador deberá ser amoestado polo árbitro, e só se se negase novamente, perdería a partida.
Ademáis mirei mais sobre isto, e hai xornais que teñen mal esta información, xa que a FIDE dí “é só unha recomendación”, que pasará a ser oficial se se aproba no congreo de Dresde, en novembro do próximo ano.