Maio confinado, maio de campaña electoral nas redes sociais.
Na última entrada do blog fixen unha análise das contas en Twitter dos principais partidos de ámbito estatal durante a xornada de reflexión das eleccións estatais do 10N. Nesta ocasión analizo as contas dos principais partidos galegos xa que se aproximan as eleccións autonómicas. Para o análise tense en conta os partidos con representación no Parlamento Galego.
Nesta entrada imos ver:
- 1. Cantidade tuits publicados mensualmente no 2020
- 2. Frecuencia diaria de publicación no mes de maio.
- 3. Horas de publicación
- 4.Distribución de favoritos diariamente
- 5. Distribución de RT diaritamente
- 6. Conclusións.
- 7.Anexos
1. Cantidade tuits publicados mensualmente no 2020
Tuits publicados ao longo do ano 200 agrupados de forma mensual.
O primeiro elemento a analizar é a cantidade chíos publicados na rede social. Encontreime cun problema para obter os datos do PP de Galicia nos meses de xaneiro, febreiro e marzo polo cal na gráfica amosase o valor 0 para @PPdeGalicia . Nos meses de abril e maio destaca que o PP xera un número enorme de mensaxes respecto aos partidos da oposición, nin a suma de todas as publicacións da oposición alcanzan a suma do PP.
2. Frecuencia diaria de publicación no mes de maio.
Se analizamos máis fino o mes de maio de forma diaria, podemos ver:
Tuits publicados durante os dias de maio polos difrentes partidos políticos-
O PP foi hexemónico tódolos días, máis hai unha curiosidade na frecuencia de publicacións. Pódese ver a existencia dun patrón sobre os picos de publicacións que se producen de maneira semanal. Isto é os días 6, 13 e 20 de maio. Na última semana apreciase unha pequena anomalía se atrasa o pico ao día 29 de maio. As novas máis relevantes eses días son:
- 6 de maio, Feijoo pide pasar a fase 1 ao goberno central.
- 13 de maio, Feijoo anuncia os informes sanitarios para a celebración das eleccións galegas.
- 20 de maio, destaca a información relacionada co peche de Alcoa.
- 29 de maio, a anomalía pudo ser polas declaracións de Feijoo nos que censura a discusión da Marquesa Cayetana e Pablo Iglesias.
O BNG reflexa un patrón de actividade semellante a do PP Galego pero cunha cantidade menor de publicacións. O día 7 estivo apiques de superar en publicacións ao partido de Feijoo. Ese dia destacan as seguintes mensaxes difundidas:
- O deputado Nestor Rego intervén no Parlamento do Estado onde se confirma o desconfinamento dos núcleos de pobación pequenos sen franxas horarias.
- Petición de axudas a autónomos, reformular o modelo de residencias e reforzar a atención primaria. (tuit)
- Inspección da Residencia de Maiores de Celanova
Tanto o PSdeG e EnComún teñen unha actividade inferior e isto pode ser a que teñen uns candidatos menos coñecidos polo público xeral. Posiblemente están a fomentar as publicacións nas contas dos seus candidatos e fomentar o seu coñecemento. O 60% das mensaxes do PSdeG mencionan directamente ao seu candidato e no caso de Galicia Común é do 53%. Estas porcentaxes son inferiores no PP e o BNG. Nesta serie de datos semella que o PPdeG mantén a hexemonía na axenda política agás o día 7 que o BNG logrou unha repercusión maior.
3. Horas de publicación
Nesta sección analizaremos as horas nas que se publicaron as mensaxes e polo xeral teñen como horario activo entre as 8:00 e as 23:00. Isto no se cumpre totalmente co PSdeG que ten publicacións entre a media noite e a unha da madrugada. Tanto En Común como PSdeG manteñen unha actividade bastante uniforme nas diferentes franxas horarias. Mentres o BNG centra a maior actividade entre as 10:00 e as 13:00. Finalmente o PPdeG realiza unha actividade en ráfagas de 2 horas, podemos ver que as 9:00, 11:00 e 13:00 mostran a maior actividade. Por ultimo acadan o máximo diario as 17:00.
4.Distribución de favoritos diariamente
A continuación analizamos o comportamento de engadir como favorito as mensaxes dos diferentes partidos. Para esta análise so se tivo en conta a última quincena de maio. Cando un usuario marca como favorito un tuit enténdese que aproba o contido ou está de acordo coa mensaxe. Tamén é un indicador do tamaño da comunidade virtual creada arredor da conta, moi posiblemente militantes e simpatizantes dos partidos.
Neste caso non existe un claro vencedor, porque o protagonismo o comparten o BNG e o PPdG. No caso do PPdG encontrase unha relación directa dos días de máis favoritos cos días de maior número de publicacións que vimos no segundo punto. No caso do BNG non é tan evidente aínda que o incremento substancial do 17 de maio é relacionado co Día das Letras Galegas. Logo os restantes días realiza un camiño semellante a do PPdeG no referente aos puntos máis álxidos. Estes días son:
- 28 de maio, neste día destacan mensaxes en prol da nacionalización de ALCOA e tamén que Feijoo non fai nada por defender a economía e a industria do país
- 20 de maio, as principais mensaxes fan referencia ao debate Congreso dos Deputados e as intervencións de Nestor Rego. Destaca a seguinte mensaxe:
#Congreso @nestorrego Ninguén en Galiza entende que se poida ir de Ribeira a Ortigueira (150 kms), mais non da Estrada a Santiago de Compostela (25 kms.) pic.twitter.com/VwXHCdQKBi
— BNG (@obloque) May 20, 2020Fonte: Twitter
No caso de EnComún existe unha distribución bastante irregular ao longo dos días, aínda así logra o seu máximo o día 22 superando ao BNG e ao PSdeG. As mensaxes transmitidas pola confluencia morada ese día teñen como principal diana ao Goberno de Feijoo ante unha deixadez de politicas industriais ante o conflicto de Alcoa. Asi o dí neste chio:
? ? O Estatuto de Galicia outorga á #Xunta plenas competencias en materia de promoción económica e de protección da industria. #Feijóo non ten adoptado nin unha soa medida para garantir a viabilidade de #Alcoa en #SanCibrao.
— Galicia en Común (@EnComun_Gal) May 28, 2020
? Escoita a @AntonGomezReino #AlcoaNonSePecha pic.twitter.com/cvifl59xuzFonte: Twitter
O caso do PSOE galego tamén presenta unha distribución anómala e semellante a de EnComún. O fito máis destacado do PSdeG prodúcese o 22 de maio coa seguinte mensaxe: “
?️ @G_Caballero_M esixe a Feijóo “un fondo extraordinario” de 300 millóns para os concellos: “Que deixe o postureo e traballe a carón de quen dá resposta á xente”https://t.co/opsKJ7P3Ig
— PSdeG (@PSdeG) May 22, 2020Fonte: Twitter
5. Distribución de RT diariamente
Finalizamos cunha análise da última quincena coa cantidade de Retuits que tiveron as mensaxes publicadas. Neste caso o gañador é o PPdeG como podía ser esperable pero sorprende a segunda posición é para En Común tendo unha menor ratio de favoritos e de publicacións. Este feito despraza a terceira posición ao BNG que mantiñan nas restantes variables a segunda posición. Esta permutación de postos pode ser debido a un retuit indirecto como pode ser da Ministra Yolanda Díaz amplificando a repercusión da mensaxe.
Se elaboramos para este mes o top 20 de retuits vemos que o BNG logra desbancar ao PP e acapara o 70% das publicacións.
6. Conclusións
Logo de revisar os diferentes parámentros pódese afirmar:
- O PP Galego marca claramente a axenda mediática no Twitter e teñen unha metodoloxía de publicacións a metade da semana e que os restantes partidos da oposición seguen.
- Durante o mes de maio únicamente o BNG achegouse o suficiente para superar o PP, neste caso falando do desconfinamento dos núcleos de poboación pequenos e dos problemas da residencia de Celanova.
- Alcoa semella que vai marcar a tendencia ao longo da campaña Electoral conseguindo a maior repercusión na maioría dos partidos agás no PSOE Galego.
- O PSOE Galego é o partido que menor influencia no Twitter.
- Cando a oposición falan do mesmo tema e teñen unha acción conxunta logran neutralizar as mensaxes do PP. Isto prodúcese co caso de ALCOA.