Libera o teu traballo cunha licenza libre en Vigo e Santiago de Compostela
O próximo luns 28 de Abril fumos convidados a varias charlas sobre a liberación de proxectos e traballos. Os horarios son os seguintes:
- Vigo: As 12:00 na Escola Enxeñaría de Telecomunicación. +Info
- Santiago de Compostela : As 18:00 na Escola Técnica Superior de Enxeñaría. +Info
Relatores
- Rafael Rodríguez Gaioso é Coordinador da Oficina de Software Libre, integrada no Consorcio das universidades galegas, CIXUG. É membro fundador de MeLiSA, a asociación de usuarios de software libre da Terra de Melide.
- Fará unha introdución dalgunha das licenzas máis usadas para liberar código, e cales son os motivos polos que un programador decide publicar o seu traballo cunha licenza libre. Presentará a edición 2014 do Premio ao mellor TFG con licenza libre.
- Pablo Belay é desenvolvedor e responsable da comunidade da aplicación GIS XeoPesca.
- XeoPesca foi premiada con diferentes galardóns nos que destaca: Premio ao mellor PFC con licenza libre 2013 e os Premios de PortalProgramas nas categorías Maís revolucionario e Maior potencial de crecemento.
- Na súa charla falaranos sobre dita aplicación e contará a súa experiencia na liberación de dita aplicación.
Carteis das Xornadas:
Referencias:
- Fonte da imaxen de cabeceira: Flickr