Tuenti e a privacidade
Hoxe 28 de Xaneiro celebrase o día mundial da protección dos dados. Esta é unha iniciativa Europea (Council of Europe)
Iniciativa creada para que os usuarios tomen conciencia da importancia da privacidade dos dados persoais. En europa a lexislación é estricta tanto coas responsabilidades, dereitos e obligacións, e os usuarios deben de ser conscientes destas leis.
Un dos maiores perigos para perda de privacidade son as webs sociales ou redes sociales como facebook, hi5, tuenti,… entre outras. Unha rede social é unha estructura que podemos representar como un grafo (nodos e aristas relacionados). Nunha rende social os nodos representan aos usuarios e as aristas as relacións entre elas, as aristas pode ser de diferentes tipos : amizade, compañeiros, económicas, intereses, ….
Imaxen de wikipedia. Seis graos de Separación
As redes sociales de interent baseanse na teoría de Seis grados de Separación (Frigyes Karinthy, 1929), na cal dise que cada persoa do planeta está conectada a non mais de 6 persoas, e dicir que seguindo a cadea de conexión, calqueira persoa do planeta pode chegar a conectarse con calqueira através dos seus coñecidos.
Con esta base matemática nacen as redes sociales. Como exemplo de rede temos a Tuenti é a mais coñecida e famosa no estado español.
Se falamos da parte técnica, Tuenti é un producto moi ben elabarodado. ¿Pero non son dous xovenes quenes a crearon? Non. A cara de tuenti pona Ícaro Moyano, xoven de 30 anos moi bo relacións públicas, pero detrás de Tuenti hai un grupo de profesionales traballando duramente nunha empresa que promete ter altos beneficios.
Seguindo o esquema matemáticos nodo-arista e traducilo a un modelo de base de dados entidade-relación, podemonos imaxinar a grande estructura que hai detras dela, e tuenti é a que ten mellor definida esta estructura de datos.
Tuenti é unha obra de enxeñería informática perfecta para practicar a Minería de Dados, con esta estructura tuenti pode consultar e analizar ata o mínimo detalle dos seus usuarios, saber case todo acerca deles porque consigue que nos como usuarios escribamos a nosa vida, ou colguemos as nosas fotografías e videos.
Estas consultas serán perfectas para realizar unha publicidade dirixida a cada grupo de xovenes, que realmente lle interesa, tratados por sexo, lugar, idade, tendencias, …. Cada subgrupo dentro da rede vaille chegar o que lle interesa, é o idoneo da Minería de dados.
A recente mellora desta plataforma é telo no mobil, para que realmente consiga calado é preciso que neste estado se abaraten as tarifas 3G. ¿Poderiase mellorar isto? Poderían xeolocalizar fisicamente aos teus amigos e así saber onde están en calqueira intre tendo a sinal do mobil, actualmente xa hai proxectos funcionando.
As proximas versións desta monstruo serán que poidas mercar entradas para o cine e no mesmo intre lles chegue publicidade da película aos teus amigos, realmente a min asustame que rexistraran tanto os meus movementos e que se entere tanta xente tamen do que fago.
Ademaís da potencialidade desta aplicación, os usuarios estamos sendo moi ignorantes. Ignoramos que estamos ensinando a todos a nosa intimidade. A trampa está nestas cuestións:
- “los amigos de mis amigos son mis amigos”, Non tes nin idea de canta xente pode estar vendo o teu perfil, vendo as tuas fotos de festa, coa moza, …. é algo infinito imposible de controlar.
- Diario personal, ao final convertimos o noso espazo como un diario. Rexistramos lugares de estudio, lugares de marcha, anectodas,…
- Perfil privado? Realmente poslle un pequeno atranco aos exploradores da tua vida. Pero con tal de que teñas un so amigo co perfil semi-aberto, terminas abrindo ao infinito a tua vida en todas aquelas fotos nas que estedes os dous etiquetados.
- Un mundo de rosas??. Moitos membros da rede, son felices colgando esta información e outros son complacidos recollendo e aproveitandose destes datos.
Realmente as webs sociales son perigosas para a privacidade, sería mais seguro colgar as fotos no tablón de anuncios dunha facultade, escola, … que serían vistos por bastante menos persoas.