A vista de error
Fai unhas semanas atopeime con un caso curioso de “erro informático” segundo a perspectiva do usuario. Estabamos nunha mesa pasándonos fotos nun mp3, cando me din “Oe que non vai o mp3” e eu todo intrigado ,que pasaría. Eu xa lle digo trae para aquí o cacharro, non fora ser que non desmontara ben a unidade. Miro e alí estaban todos os arquivos e llo devolvo ao seu dono. Aos poucos segundos de novo a mesma cantinela “Que non me vai”, vou alí e miro. Certamente o ordenador non atopaba ningún dispositivo usb enchufado, ia comprobar se o mp3 tiña pila cando observo unha imaxen que me fixo moita gracia. O usb estaba enchufado na porto RJ45 (no do cable de rede), as miñas gargalladas foron instantaneas.
Un usuario debe recordar esta frase de Obi Wan “Os teus ollos poden enganarte, Luke. Non confies neles “
Aquí deixo a proba documental deste erro.
[caption id=”” align=”aligncenter” width=”395” caption=”Mp3 Rj45”][/caption]
[caption id=”” align=”aligncenter” width=”399” caption=”Mp3 Rj45”][/caption]
Nun post como este non pode faltar a cita de Rick Cook, sobre a cantidade de idiotas que hai no universo.
” Hoxe en día a programación é unha carreira entre os enxeñeiros de software, afanándose por construír mellores e máis grandes programas a proba de idiotas, e o Universo, intentando producir mellores e máis grandes idiotas. Ata agora, o Universo vai gañando. “
Autor: Rick Cook