Traballo de informático e as gafas
Pois un estudo asegura que o 72% dos informáticos usan lentes, isto foi publicado pola web de busca de emprego theITjob.com. Ademais isto dime que vou ter que estudar máis para setembro e para o ano xa dado que outro titular que atopei hoxe na prensa é “La falta de ingenieros informáticos desespera a las empresas del sector”. Eu persoalmente creo que esta nova é un manipulación clara da realidade, porque como din eu non coñezo a ningún informático que cobre 24.000 € no seu segundo ano de experiencia profesional, non quero pensar mal pero a única finalidade que teñen as noticias deste tipo é intentar saturar o mercado laboral e intentar abaratar a man de obra. Ao mellor este soldos eran antes na época das tarxetas perforadas, que so salían un puñado de informáticos en todo españa.