Onde procede o apelido Belay ??
Tras investigar algo en internet acabei descobrendo diferentes cousas como:
Os relatos árabes da epoca refírense a Pelaio coma “Belay” e a Galicia coma “Djalikyah”. O historiador Ahmed Mokri testemuña que “o primeiro que axuntou aos cristiáns foi Belay do pobo da Djalikyah”.
Outro cronista musulmán que dá referencias de Pelaio é Hhaya en Ahmed: “en tempos de Ambesa ben Sohhim asomou en Djalikyah o guerreiro Belay”.
Extracto do artigo de Ramón Cajade “Don Pelayo era Gallego” La Voz de Galicia, 11 Abril 1976
Pelaio chegaría a señor das terras bretoñesas e tería concedido grandes privilexios a Viveiro. Benito Vicetto especula que a súa Corte residía en Santa María de Bretoña, baseándose nos vestixios dunha edificación primitiva e na existencia nas antigas escrituras de foros do topónimo “A Casa do Pazo”. Pelaio abortaría en Covadonga o perigo dunha incursión musulmana desde o leste, e sería sucedido polo seu fillo Fabila (chamado así en recordo do seu pai), sendo estes os únicos sucesos conservados do seu reinado.
Serei descente do rei Pelayo?? Terei que investigar