Regaleguizando na Bahía de Santander
Faro e illa de Mouro na bahía de Santander, cando souben do nome pensei que tería algunha relación cun galego. Logo de indagar atopei que orixinalmente chamábase illa de Mogro e que por un erro do catógrafo rebautizouna por Mouro.
O seguinte paso era saber se o cartógrafo Vicente Tofiño era galego. Encontro a biografía e comezo a leer que naceu en Cádiz e era un mestre das matemáticas e vinculado a armada. Chegados a este punto o misticismo de atopar unha historia galega nesta cidade lonxe do meu país xa se esgotaba. Pero nesa lectura rápida atopo que foi director das academias navais de Cartagena e Ferrol.
Polo visto en Ferrol a Vicente pegouselle o \ngalego e propagouno máis alá de Galiza. Ainda que esta illa non chega ao nivel das Cíes, Ons, Arousa,… Estando lonxe da miña terra calquera vinculación coa miña cultura é un motivo para poder universalizar a nosa lingua .