Viaxe a Malta (I)
Pois escribo estas linhas dende malta, con lixeiros problemas cons teclados destes cafres.
O maior acerto para facer a viaxe foi levar unha camisola de Galiza, cando cheguei a Barajas a rapaza de facturaci’on de vueling preguntoume se era Galego e de onde. Casualidades da vida ao final resultou ser que era vecinha minha da Estrada, a cara de sorprendida foi increibel, alegria por atoparse con alguen da sua terra e a vez algo de morrinha.
Mentras esperaba no aeroporto, alguns galegos parabanse a falar contigo, grazas a camisola de Galiza. Estar esperando 8 horas por un avion na T4 de Barajas ‘e do peor, grazas a todos estes galegos que fixeron amena esta espera, porque a T4 e’ moi bonita pero unha vez que estas mais de 2 horas ralla, faise moi monotona a sua decoracion e chega a agobiar.
Unha vez chegado o avio’n a Malta, tinhamos unha temperatura de 25 grados e unha humidade do 70%, pareci’a que todos chegaramos a unha macro sauna. A viaxe do aeroporto a residencia foi como facer un rally urbano, esta tolos estos malteses ainda que tenhe o limite maximo de velocidade de 60 Km/h van a todo meter. E’ mentira que conduzan pola esquerda, tampouco conducen pola dereita, conducen polo medio ou por onde poidan, son cabras cos coches.
Xa contarei algo mais da academia e dos companheiros…