Os valores através do xadrez.
A vida non é un xogo, o xadrez si, as decisións que tomamos na vida son irrevocables e determinan o noso destino, en cambio no xadrez sempre hai unha partida de revancha, podemos perder no xadrez, pero non na vida.
Son moitas as vantaxes que trae a práctica do xadrez, e non por ser un xogo debe considerarse sen transcendencia, moito menos nos nenos, pois o que eles aprendan do xadrez será decisivo nas súas vidas. Fai miles de anos Platón xa mencionaba a importancia do xogo nos nenos: “Todo o mundo cre que os xogos de nenos non son máis que xogos, pero trabucanse, o xogo infantil é o factor determinante na formación do perfecto cidadán”.
A práctica do xadrez fomenta principalmente cinco valores ético-cívivos:
- Respecto, cara as normas, os demáis e un mesmo
- Autocrítica, aprendendo dos erros, melloras.
- Responsabilidade, as xogas que tomas son decisións que ti tomas e as consecuencias que se deriven delas faste ti responsable..
- Autocontrol, en situacións adversas e/ou importantes.
- Autoestima, a elegancia para asumir victorias e derrotas
- Automotivación, desexos de superación persoal que partida tras partida vas mellorando
Estes valores que se conseguen atraves do xadrez son de vital importancia nunha sociedade moderna, e que non se conseguen con tanta facilidade por outros xogos e deportes.