Pero existe o cambio climático ?
O ex presidente José María Aznar arremeteu contra “os abanderados do Apocalipsis climático” e “os inquisidores que os protexen” porque, ao seu xuízo, son os fundadores de “unha nova relixión que condena á fogueira da praza pública a aqueles que ousen poñer en dúbida as súas teses, os seus pronósticos ou as súas admoniciones”. Aínda que admitiu que non sabe con certeza se existe ou non un cambio climático “porque non son un científico experto nestes temas”, Aznar subliñou que non é prudente destinar “miles de millóns” a paliar o cambio climático “en tempos de crises”, un deses ciclos econo-climáticos que se suceden cada vez que un Goberno socialista chega ao poder en España”.
Aznar fixo estas declaracións na presentación do libro do presidente da República Checa, Václav Klaus, “Planeta Azul (Non Verde)”, editado por FAES -a fundación que preside- onde denunciou que os devotos de está nova relixión queren “ver na fogueira a todo aquel que discrepa”, como Klaus.E é que o ex presidente dubida que a actividade humana estea provocando un cambio climático no planeta, e criticou “aos defensores do pensamento único, aos entusiastas dos consensos científicos e aos inquisidores que os protexen” e evitan que se poida producir “un debate en liberdade”.
Parece mentira que en pleno século XXI haxa xente que contradiga os postulados científicos, debe ser que os únicos que non cren no cambio climático son Aznar, Rajoy e o seu primo. O único sentido que ten é que haxa intereses creados moi fortes, co obxectivo final de conseguir distorsionar ou ocultar a realidade cientifica.