No último ano tiña algunha dificultade para ler o encerado máis as transparencias no proxector, xa pintaba mal o asunto dende facia tempo, e fun o outro día a revisar a vista e resulta que teño miopia e agora a por “gafiñas”.

Nunca pensei que existirían tanto modelos de molduras foi unha tarefa intensa e complexa para decantarse por algun modelo, primeiro se de tal marca despois se con tales colores, se aquelo , se aqueloutro, …. Ao final despois de ver un cento delas quedaime enriba da mesa con oito gafas, e púxenme eu razoar sobre elas. Todas aquelas que teñen factores comúns diferentes coas demáis descartadas. Primeiro eliminei unha que non tiña a ponte nunha única peza, logo eliminei aquelas que me parecian que pesaban máis, e ata que me quedei con tres, con estas no sei como tomei ao final a decisión pero foi do máis aleatoria posible creo, porque primeiro me dicido por unha e logo por outra.

Ao final chego a conclusión que a moldura que me gustaría sería a deseñada por min mesmo.

Deixo aquí algunha foto desta arma letal chamada lentes.

[singlepic=61,320,240,,]

[singlepic=62,320,240,,][singlepic=60,320,240,,]