Máis sobre o meu apelido ?
Como coñecedor na miña familia de alteracións do meu apelido cabe destacar as seguintes alteracións:
- Belay
- Belai
- Velay
- Velai
Significado: Coa grafía VELAI “Presenta e localiza algo que está á nosa vista (velaí os tes). Pode facer referencia a algo que foi enunciado (velaí a causa da súa desgracia).
Orixe: Descoñezo a súa orixe, pode ter orixe toponímica.
Distribución Xeográfica: – En Galicia – Provincia de A Coruña atopamos 62 persoas, case exclusivamente no concello de Fisterra. – Provincia de Pontevedra atopamos 38 persoas, case exclusivamente no concello de Cuntis. So atopamos 1 persoa en Ourense e ningunha persoa na provincia de Lugo.
- En España A nivel do estado español podémolo atopar (por mor da emigración) en Madrid, Tenerife, Valencia, etc. Un total de 122 persoas atopamos co apelido VELAY.
- En España (Guías Telefónicas) Da consulta en Infobel 2004 atopamos en A Coruña 33 aboados. Un total de 83 aboados atopamos con VELAY de primeiro ou de segundo apelido.
TOPONIMIA: BELAI: Aldea da freguesia de Piñeiro (Cuntis)
DOCUMENTOS do A.R.G.: Non se atoparon documentos.
Fontes: Infobel España 2004 (Guía Telefónica), Arquivo do Reino de Galicia, Diccionario Cumio da Lingua Galega, e outras.
OPINIÓN PERSOAL DE MILLEIRO Tratase, presumibelmente, dun apelido galego de natureza toponímica. Se cadra, podería ser unha derivación do apelido Balay?