Ingredientes:

  • 720 gr de fariña de forza.
  • 250 ml de leite morno.
  • 40 gr de levadura fresca de panadería.
  • 4 ovos para a masa e un a maiores para pintar por encima a rosca.
  • 50gr de azucre
  • 100 ml de aceite de xirasol. Podes cambialo por 120 gr de manteiga.
  • Amendoas para decorar por encima da rosca.
  • Limon e/ou laranxa para aromatizar.
  • Esencia dea anís ou senón de vainilla.
  • Unha pizca de sal

Preparación:

  1. Desfacer a levadura nun pouco leite morno (menos de 34 º C).
  2. Mesturar o leite, azucre, os ovos e o aceite coa levadura disolta.
  3. Engadir a fariña a mestura e unha pizca de sal.
  4. Primeira fermentación: Unha vez amasada a mestura deixar fermentar polo menos 40 minutos.
  5. Segunda fermentación: Dividir a masa no número de roscas que queiras realizar e darlle unha preforma. Intentar facer este paso de maneira que non perda o gás a masa. Deixar polo menos unha hora na segunda fermentación.
  6. Pintar con ovo o exterior da rosca e decorar con amendoa ou froitas cofitadas e un pouco de azucre.
  7. Fornear a 170º durante 30-40 minutos.
  8. Unha vez forneado facer un almibar para darlle de brillo polo exterior da rosca.