Galiza está na vangarda da cociña.
Increibel!! Esa é palabra para calificar ao Forum Gastronómico Santiago’08, moita xente do eido da cociña dixo por fin Galiza está a altura dos grandes eventos culinarios, diriamos que o “complexo galego” de que o de fora é mellor non podía existir, neste evento.
Dos productos que vin nunha primeira visual chamaronme a atencion os seguintes:
-
- Chourizo de Troita, segundo comentaron é un producto exclusivo para o evento e conten un 98% de troita asalmonada que previamente foi afumada.
- Xeado de Fume
- Requeixón de leite crú, elaborado por Campo Capela, ten un sabor menos acedo que calqueira outro que probara antes.
Aparte destes productos subliñaría como moi interesante a actividade realizada cos cativos dentro dunha cociña. Tamén percateime de que os stand’s cataláns ademáis de promover os seus productos tamén facían referencia ao turismo da Costa Brava, a ver se empredemos algo dos cataláns nesto porque o stand de Galiza pareceume moi simplón.
Deixovos unha pequena galería de fotos que tirei por un lado e outro.[gallery=10]