XL Feira do Cocido
O ‘Mes do Cocido’ celebrarase ata o 14 de febreiro e prevese que se sirvan nestas datas entre 15.000 e 20.000 cocidos, sen contar os que se dispensarán no día grande. Os 25 restaurantes participantes ofrecen un total de 3.650 prazas e os prezos por prato oscilan entre os 20 e os 40 euros.
Por outra banda, o pin que se entregará aos participantes está realizado en bronce e ten forma de porco. Esta iniciativa púxoa en marcha o Concello de Lalín en colaboración cos hostaleiros e é unha idea que espertou un gran interese non só nesta localidade, pois son moitas as chamadas de persoas de toda Galicia que queren adquirir este agasallo. No entanto, non está á venda e a única forma de conseguilo é acudindo a Lalín a degustar o cocido.