Este ano vai chegar algo tarde o entroido pero non quitar de ir preparando as tixolas e as pedras para ir collendo a técnica das filloas. Eu xa empecei e cun novo invento desta vez, unha tixola filloeira que me agasallaron polo nadal. A técnica cambia lixeiramente da tixola normal porque non podes facer xiros tan bruscos ao non ter tanta altura nos bordes.

A miña receta para as filloas é:

image

Ingredientes:

  • 500ml de leite
  • 3 ovos
  • 200 gr de fariña
  • 1 culler de azucre (se as queres facer doces)
  • 1 anaco de touciño (para untar na tixola).

Elaboración:

  1. Mesturamos nun recipiente os ovos , o leite ,o azucre( se queremos que sexan doces) e unha pizca de sal.
  2. Imos engadindo pouco a pouco a fariña e remexendo de forma q non queden grumos.
  3. Xa temos preparado o almoado.
  4. Untamos a tixola co touciño
  5. Botamos cun culleron o almoado na tixola para facer a filloa e que cubra toda a superficie.
  6. Cando empece a filloa a coller color e levantarse polos lados damoslle a volta, deixamola un pouco e xa está lista.