Arroz con leite
- 6 medidas de vaso de leite
- 2 medidas de vaso de arroz.
- 4 culleres sopeiras de azucre
- 4 cortezas de laranxa.
- 1 rama de canela.
- 1 pizca de vainilla.
Elaboración:
Pon nun cazo o leite, a canela e a vainilla e a tona de laranxa deixa quecer uns 5 minutos a fogo lento, logo engade o arroz e deixa cocendose pouco a pouco.
Cando o arroz colla un punto meloso, engádelle o azucre e deixa cociñar un chisco máis (5-10 minutos).
Quítalle a canela e as tonas de laranxa. Deixao repousar un chisco e reparteo en copas/vasos. Esparexelle canela por encima e listo para servir.
Notas:
- Tamén se pode empregar corteza de limón en vez de laranxa ou as duas a vez.
- Se vedes que o arroz con leite está quedando escaso de líquido durante a cocción podedes engadir auga ou leite.
[wp_ad_camp_1]