Alimentos que preveñen o cancro.
Cada ano máis de 10 millóns de casos de cancro son diagnosticados no mundo e espérase que a porcentaxe aumente cada ano, así que debes facer algo para non ser unha das victimas, no sitio de Reader’s Digest hai un artigo onde mencionan 31 xeitos de previr cancer (aquí só mencionarei algúns):
- Come repolo.
- Come brócoli pero cocido ou ao vapor non co microondas.
- Come noces de brasil con ensalada.
- Toma suplementos de calcio con vitamina D.
- Agrega allo a todo o que comas. (Así tamen alexas aos vampiros xD)
- Condimenta a comida con clavos de allo e aceite de oliva.
- Come melóns.
- Un cereal con arándanos polas mañás
- As alcachofas son bos antioxidantes
- Toma un vaso de auga cada vez que vaias ao baño
- Toma té como un hábito.
- As cervexas protéxenche da bacteria Helicobacter pylori
- Come algo de salmón á parrilla pola noite
- Toma un multivitamínico cada mañá
- Toma polo menos 15 minutos de sol cada día.
- Camiña uns 30 minutos despois de comer
- Consome alimentos orgánicos
- Viste roupa que non necesite ser secada en secadoras