Cociña 2.0
O encontro comenzou co relatorio de Manuel Gago, que nos falou un pouco sobre a historia e evolución da blogesfera e logo centrouse na gastronómica, onde adxuntou datos de interese como que o 50% dos blogueiros teñen un blog con dominio propio, ou que páxina con maior “share web” de España é Directo al Paladar. Na parte máis técnica da bloguesfera a importancia do blog non se valora no numero de comentarios ou número de visitas senon a calidade e inovación das tuas nova, e fidelidade dos teus usuarios.
A xornada continuou con un debate “Blogosgastronomia vs Guia Gastronómica” no que participaron Ferrán Adria, Pau Arenós, Pep Palau, Carlos Maribona, Rafael Ansón. Onde discutiron temas como:
- O criterio unificador e de valoracion da guía michelin, cousa que ao seu entender non poseia os blogs
- A credibilidade dos blog’s
- É Correcto e ético empregar alias?
Ferrá Adriá apuntou que “estamos perdidos coa función da alta cociña”, xa que se plantexaba as seguintes preguntas:
- Para quen é ?
- Donde estamos? (referente a alta cociña)
- Nunca chegará a gran cociña ao publico senon que serán os cociñeiros os que cheguen a eles.
Según Rafael Ansón o éxito das guias, é a conciezación da xente na saude e nas guias atopan cociña saudable.
Múltiples blogueiros (Bloguer’s) participaron no debate onde participei eu coa miña opinión nun momento que se estaba a falar da correción/ética dos comentarios anónimos e “autospam” dos cociñeiros que fan sobre eles, eu dixen: “O anonimazgo é case imposibel de conseguir en internet e porcentaxe de atopar un cracker é reducida e de un crakcer cociñeiro que emprega os comentarios para facer autopublicidade é imposibel” (Risas xDD) Aparte o conxunto de usuarios de blog descrimina eses comentarios co paso do tempo.
Continuei dicindo que a web/blog gastronómica (ainda é unha bebe)debería tomar exemplo dos grandes blogs tecnolóxicos. E que as guías gastronómicas como as coñecemos a día de hoxe teñen que desaparacer e teñen que evolucionar a un sistema colaborativo, para elo existe o exemplo das enciclopedias primeiro eran en fomato libro, logo chegou a encarta e esnaquizounas e finalmente wikipedia fíxose co sector.
Ao meu punto de vista o debate centrouse en asuntos de pouca relevancia, e debería ir máis sobre a opcións que tiña o sistema colaborativo da rede para creazón dun sistema de guía gastronómica gratuito e colaborativo.
Algunha xente debería verse este capitulo dos Simpson, que lles aclaría bastante sobre a bloguesfera, eu relacioneino co que se falou onte rinme bastante, é unha magoa que non atopara o capítulo completo.