Granxas en edificios
Están empezando a desenvolver nas Vegas (que non é nas veigas :D), Nevada as primeiras granxas verticais. Un proxecto de 200 millóns de dólares que pretende crear un edificio de 30 pisos que conteña froitas e vexetais.
Cada piso terá controlado o ambiente, de acordo ao que produzan (espero o aire sexa filtrado)
Ademais dos ingresos anuais polos produtos calculan que pode haber uns 15 millóns de ingresos por turismo. Este edificio producirá alimentos suficientes para alimentar a 72 mil persoas cada ano.
Paréceme que ademais ten de positivo este proxecto o aforro de auga, ademais que permite a cidades superpobladas ter acceso a alimentos frescos. E a diferenza do proxecto de galiñeiros verticais que menos mal que non se deu porque o que traería serían enfermidades, algo asi, planificado e manexado por xente experta na área debería funcionar.
Aínda que espero que o desenvolvemento destas granxas non elimine os espazos actuais para seméntaa. Aínda cando me parece unha solución para algunhas cidades sen espazo? polos momentos prefiro tomates sementados en granxas tradicionais.