Os McPolo de McDonald’s son galego-manchegos
De onde é un?, de onde nace ó de onde se fai?.
En España os chicken (polos) de McDonald? críanse nunha granxa de Castela A Mancha e o penso que todos os días comen é de Saprogal, empresa galega que comercializa este produto considerado non OMG (Organismo Xeneticamente Non Modificado), e cuxa composición é totalmente vexetariana a base de cereais como o millo, o trigo e a cebada, fibra alimentaria, minerais, proteínas, graxas e hidratos de carbonos vexetais, vitaminas e oligoelementos.
Poderiamos dicir, entón, que os McPollo de McDonald? son galego-manchegos?. Case. Quédanos por saber con exactitude de onde procede o aceite de mestura de sementes de girasol alto en oleico que utilizan para a súa elaboración en España.
Así mesmo, a multinacional decidiu que as patacas fritas que ofrece nos seus menús sexan galegas, en concreto, da comarca ourensá da Limia, recoñecidas pola súa alta calidade. Pouco máis ben vai quedando, quizais o concepto, dun produto genuinamente norteamericano, e quen sabe se deica pouco e por todo o mundo, esteamos falando dunha McGallega.
P.D.: A eguada militar, os poldros e os sementais de exército de España, a diferenza dos norteamericanos, aliméntanse con este mesmo penso OMG, será por iso que nosa cabalería non é tan bélica?.