[caption id=”attachment_356” align=”alignright” width=”212”]XVI Xornadas Estivales - Raxo - Poio XVI Xornadas Estivales - Raxo - Poio[/caption]

A Sociedade Cultural de Raxo convidoume a presentar o proxecto XeoPesca o vindeiro 16 de Setembro de 2014 as 20:00 no Centro Cultural Xaime Illa. Esta presentación é parte da rolda de palestras organizadas baixo o marco das “XVI Xornadas Estivais ” que este ano centranse na ciencia con acento acento galego, nas que cabe destacar a presenza de:

  • Victor López presidente de Eganet, Asociación de Empresas e Profesionais galegos das Novas Técnoloxías e a Rede 
  • Marcus Fernández, web máster en Código Cero, revista galega sobre tecnoloxía, membro da directiva da asociación Punto Galque ven de por en marcha o pasado 25 de xullo o dominio propio galego.
  • Pepe o de Redondela, Subdirector, da revista ‘Lingua e Dereito’, que edita a Universidade de Vigo. Presidente da Fundación dos Premios da Crítica Galicia e colaborador da Enciclopedia Galega Universal, da Editorial Ir Indo.
  • Antonio Montero Carro, enxeñeiro técnico industrial con experiencia en empresas como os laboratorios Zeltia onde desempeñou os cargos de Técnico de I+D+i e posteriormente responsable de operacións. Foi  Xerente do Consello da Cultura Galega e actualmente é o Director de Xestión do Museo Provincial de Pontevedra.

Localización:

  • Enderezo: Rúa Igrexa, 18 36992 Raxo (Poio) Pontevedra

  • Coordenadas: 42.4066903,-8.7405666
  • Ligazón a openstreetmap
  • Ligazón a googleMaps