Trabas a Wifi de 0 €
O goberno estatal acaba de confirmar as súas ameazas contra as redes sen fíos que están a promover moitas administracións.
En definitiva, semella que a Comisión do Mercado das Telecomunicacións seguirá a perseguir as wifis que prexudiquen os intereses das operadoras. Só terán o “prace” estatal as que funcionen onde ás compañías non lles compense ofrecer o servizo. E incluso as wifis rurais terán que cobrar, como vai facer A Estrada Dixital, cunha tarifa de 10 euros. Cómpre tamén ter en conta o alto custo de este tipo de redes. Así, na rede da Estrada Dixital, a maior wi-fi pública do Estado, investíronse máis de 840 mil euros entre a rede e os “kit de acceso”. Ademais, tivo que estabelecer un pago de 10 euros ao mes para evitar a censura da CMT, entre outros requirimentos.
Todo isto mentras noutros paises europeos pagan 10€ por conexións moi superiores as nosas, tamen recordo que europa doulle un toque de aviso as telecomunicacións e o estado español, porque era dos lugares mais caros do servizo de internet e por encima con peor calidade.