Ano Cultural na Estrada - Ramon Verea?
Para min o inventor máis importante e descoñecido da Estrada é Ramon Verea.
Un pouco sobre a biografía de Ramón Silvestre Verea García é:
Naceu o 11 de decembro de 1833 en San Miguel de Curantes. Asistiu á escola parroquial e en 1847 trasládase a estudar a Santiago de Compostela, onde suspendeu en case todas as materias. Abandonou os estudos e ingresa no seminario, deixándo con 20 anos de idade.
Embarca cara a Cuba, traballando alí como mestre e escribe dúas novelas “A cruz de pedra”, “Unha muller con dous maridos” e escribe como xornalista no diario “O Progreso de Colón”.
Trasládase a Nova York en 1865, en pleno crecemento caótico. Alí amigos seus reprochan aos españois quedarse atrás no proceso histórico do progreso científico e técnico, do que el se daba conta ao observar a sociedade norteamericana
Verea decide demostrar que un español pode inventar igual que un americano. En 1878 recibe a medalla de ouro da Exposición Mundial de Inventos de Cuba, celebrada en Matanzas. O que inventara era unha avanzada máquina de calcular, precursora da computadora e a primeira que efectuaba as catro regras matemáticas de modo exacto e instantaneamente e ata quince cifras. A multiplicación resolvíase mediante un método directo baseado nun mecanismo patentado por Edmund D. Barbour en 1872, que empregaba un sistema que obtiña valores dunha táboa de multiplicar codificada de xeito similar o sistema Braillie. Esta calculadora basábase no productos parciais que se lían dun cilindro metálico de dez lados, cada un dos cales tiña unha columna con dez buracos de diferentes diámetros. O aparello podía resolver 698.543.721 x 807.689 en vinte segundos, unha velocidade sorprendente para a época.
Toda a prensa resaltou o invento, provinte dun túzaro xornalista. A “Calculating Machine 3” pesaba 22 kg. de ferro e aceiro e foi patentada o 10 de setembro de 1878 (nº 207.918) pero non foi comercializada nin Verea continuou traballando nese campo, a pesar de poder enriquecerse.
asegurou que: _“_**non fixera a máquina nin para empregala nin para vender a súa patente senón simplemente para demostrar que era posible que un español puidese inventar tan ben como un norteamericano**_“_.
Sobre a base técnica que propón Verea outros traballaron con posterioridade, e chegaron máquinas máis perfeccionadas como a Millionaire de Steiger, da que se venderon miles e miles de unidades, todas tiveron como referencia método deste Estradense. O éxitos destas máquinas deveuse ao desenvolvemento do comercio era imposible de controlar a man e as empresas demandaban todo tipo de melloras.
A súa máquina consérvase nos depósitos da sede central de IBM, en White Plains (Nova York) formando parte da coleccion iniciada en 1930 por Thomas J. Watson Sr., presidente fundador de IBM.
Tras un tempo trasládase a Guatemala, exilado pola súa forte oposición á política colonianista americana, e despois a Bos Aires. Nesa cidade fundaría a revista O Progreso, e seguiría publicando e exercendo de xornalista. Morreu só e pobre na capital arxentina o 6 de febreiro de 1899. Foi soterrado nun panteón anónimo do camposanto do Oeste.
Unha curiosidade que afirmaba Verea é a seguinte:
Mentres aquela sociedade americana desenvolvíase a gran velocidade, Ramón Verea sentía que España ía na dirección equivocada. «Demasiados escritores»,dicía el, «demasiados avogados, o que necesita unha sociedade que quere ser independente son enxeñeiros e inventores».
A realidade que describia naqueles tempos a día de hoxe creo que segue sendo unha constante.
A día de hoxe os veciños da parroquia de Curantes non son capaces de achegar información sobre este persoeiro, tan soado.
Segundo F. S. Cordón no seu artigo, o apelido foi castelinizado e mudou por Brea. Segundo as conxeturas de Cordón naceu na casona dos Brea no lugar de Esmorís. Foi un casarón importante a principio do XIX, que chegou a ter capela e onde almacenábase millo que recollían os monxes de Aciveiro.
Eu persoalmente non sei ata que punto pode ser certo, porque é algo incoherente que pertencendo a unha casa adiñeirada morra na pobreza e vexase na obriga de emigrar.
Máis información sobre este persoeiro nas seguintes ligazóns:
- Galipedia
- A Voz de Galicia
- Galegos.info
- Especificacións da Patente da Máquina de Verea
- Universidade Politécnica de Madrid
- Escuela Técnica Superior de Enxeñería Informática de Málaga
- Calcula Web
- IBMmeritos.org
- Fitos da Historía dos computadores
- ETSII Valladolid
- acta.es
- nucleosoa.org
- Galespa.org
- A voz de Galicia II
[wp_ad_camp_1]