Calatayud suspenso en informática
Hoxe lendo as novas locais, pois enterome das declaracións do xuiz Emilio Calatayud, que ata o de agora lle tiña aprecio. Pero logo destas declaracións non sei en que pensa.
Respecto ao uso de Internet, o maxistrado é tallante: «Internet non ten que estar no cuarto dun menor, senón nas dependencias comúns da casa, onde se poida controlar. Nin tele ten por que ter un menor na súa habitación. Como moito un computador bobo de cortar e pegar, ¿ou é que agora non se poden facer os deberes nin estudar sen entrar en Internet? Facilitarlles o acceso libre e sen control a Internet é moi perigoso». (Voz de Galicia)
Agora explicarei dende o meu punto de vista os erros destas declaracións:
- Non creo que a día de hoxe a LOPD che permita controlar os correos persoais ou conversas dos teus fillos, se eles non queren, ao mellor con idades menores aos 16 anos a xustiza fará a vista gorda pero apartires dos 16 que un raparigo empeza a ter as súas responsabilidades algún chaval desta idade podería optar pola denunciar por infrinxir a súa privacidade. Se realmente o que queres e que teu fillo non anda en certos sitios, instalate algun programa que filtre o tráfico, pero o que non se pode é limitar a privacidade do xoven. Por iso é erronea a súa afirmacion “Internet non ten que estar no cuarto dun menor, senón nas dependencias comúns da casa, onde se poida controlar”.
- “Como moito un computador bobo de cortar e pegar”, non che sei que será para el este ordenador (copy & paste) pero cun ordenador dos mais cativos podense facer case calqueira cousa, agás edicións de video e tarefas que consumen unha grande cantidade de recursos. Pero cousas que podes facer: hacking, navegacion por internet, reproducción de calquera video, ….
- “Facilitarlles o acceso libre e sen control a Internet é moi perigoso”, pois a ver como axusta ao que dixen eu antes ao tema da LOPD, pero aparte os rapazes non só navegan na súa casa, tamén nas bibliotecas, colexios, casa dalgún colega, cibers, …. Polo cal eu creo que é algo inasumible de controlar e a solución non é ser un gran hermano pasa pola educación nas TIC’s. Por exemplo recordo fai uns anos que se decía que internet só servia para buscar e baixar porno pero, e ademáis o afirmaban conque eran as búsquedas máis frecuentes en google e yahoo. Pero que pasou dende fai uns poucos anos? Pois que iso foi unha moda pasaxeira e que agora internet usase para comunicarse entre comunidades, colaborar en proxectos, consultar múltiples informacións.
Polo cal eu estimo que sucede a día de hoxe é que os páis e este xuiz (“Progesista”) quedaronse anclados no outro milenio e deben saber cal é o futuro e formarse nas TIC’s porque na proximidade de 5 anos todo aquel que non navegue alo menos unha vez ao día será un inutil funcional na sociedade. En principio para o 31 de Decembro do 2009, entrará en vigos a LAECAP (Lei para o Aceso Electrónico dos Cidadáns e as Administracións Públicas ), co cal teremos que facer os nosos trámites electrónicamente e logo deste paso supoño que chegaran as empresas e ata que se expanda totalmente. Estamos próximos a unha nova sociedade basada no coñecemento e creatividade, que nos leva a reprantexar o antigas costuemes e o que prima é optimazación do tempo e poder disfrutar da vida.
Algunhas ligazóns relacionadas son: