Concentración: A Estrada por Palestina
Desde xaneiro de 2006 Israel somete á franxa de Gaza, onde viven un millón e medio de persoas, a un feroz bloqueo económico, que se viu incrementado nas últimas semanas impedindo a achega de calquera tipo de axuda humanitaria, imprescindíbel para a subsistencia da poboación palestina de Gaza.
O 27 de decembro de 2008, Israel decide unilateralmente apertar a corda e esganar aínda máis ao pobo palestino, co beneplácito dos Estados Unidos e a pasividade da Comunidade Internacional e a ONU, bombardear a franxa de Gaza, producindo máis de 500 mortos e 2.500 feridos, boa parte deles nenos e nenas de curta idade. O 4 de xaneiro Israel invade Gaza e as consecuencias para a subsistencia física do pobo palestino en xeral e do preto dun millón e medio de palestinos en particular que viven en Gaza, é unha incógnita.
Diante desta situación, as entidades que conformamos a plataforma A Estrada por Palestina convocamos aos e ás estradenses a unha concentración en repulsa destes feitos o vindeiro sábado 10 ás 20:30 na praza do Concello. Durante o acto, de maneira simbólica, lanzarémoslle zapatos a un tanque iraquí isrealí , así que todo aquel que queira colaborar que traia algún na man.