A TDT na Estrada
Pois parece ser que A Estrada, ten unha cobertura TDT do 93,22%, según lin na Voz de Galicia , pero non matizan entre cobertura e calidade da sinal, porque non é o mesmo. Eu atopeime en situacións de cando vai temporal que as únicas canles que podo ver son a TVG e TVE. Por se alguén ten dúbidas eu vivo na Cañoteira, preto da feira, supoño que que será unha das zonas de maior cobertura, porque está dentro do casco urbán.
Segundo as miñas medicións coa miña TV-TDT (usb) facendo unha comparación da señal nos casos de bo tempo e de temporal, a calidade do sinal pasame de ter un 75% a un 15-20% o cal é insuficiente para ver a TV sen golpes. Por certo é peor ver a TDT a golpes que que ver a TV analóxica con raias, polo menos ainda escoitas algo o que che dín.