A piscina da Estrada segue sen funcionar
Xa facía tempo que non escribía no meu blog cousas da Estrada. Hoxe toca dicir que a piscina de A Estrada seguirá sen funcionar isto é debido que no día de hoxe non superou as probas perante a inspectora de Sanidade. Polo cal esta fin de semana de portas abertas so estarán dispoñibles a piscina pequena e mediana. Polo visto a piscina grande ten problemas co tipo de “rexuntado” que lle puxeron aos azulexos ademais doutros coa drenaxe.